Quen somos
Un grupo de mulleres que cre neste proxecto, que cada día pon todo o noso entusiasmo e compromiso ao servizo do noso produto, buscando sobre todo calidade e excelencia, en cada unha das fornadas que preparamos a diario, coas nosas propias mans, un por unha cada galleta, convertendo así a cada Maruxa nunha pequena xoia exclusiva.
O noso compromiso coa cultura, a tradición, o desenvolvemento rural e o medio ambiente empúrranos a traballar a cotío por un futuro sostible, un futuro no que coidarnos sexa sinónimo de calidade de vida e gusto polo auténtico.

O noso segredo
O noso segredo non é outro que o gusto polo sinxelo e a sinxeleza da nosa receita é a nosa característica principal. Nata, azucre e fariña de selo ecolóxico fundidas na arte do mellor sabor e moldeadas a man, con moita paciencia e agarimo para dar ás nosas Maruxas de Nata un aspecto único e un sabor inimitable


O noso compromiso
As Maruxas de Nata son algo máis que unha galleta, son o reflexo do noso empeño por poñer en valor todo aquilo que nos define, que identifica á nosa terra, Galicia como sinónimo de arte, cultura, tradición, gastronomía, morriña na distancia...
E por iso colaboramos en distintos proxectos artísticos e culturais para levar o nome de Galicia e o das súas tradicións a todos aqueles lugares aos que chegan as nosas galletas e así conquistar non só padais senón tamén corazóns.
Froito destas colaboracións naceron as nosas Edicións Especiais, nas que o selo persoal de artistas como Leandro Lamas, Branca Vila ou Elga Fernández Lamas diferencian ás nosas Maruxas, converténdoas nun referente de todos eses valores que nos representan.


