Artesanía-alimentaria

Patrocinio Ano Santo Xacobeo 21.22

Somos patrocinadoras oficiais do Ano Santo Xacobeo 21.22

Temos o inmenso pracer de ser nomeadas como Empresa Patrocinadora Oficial do Ano Santo Xacobeo 21.22. A promoción da cultura e tradicións de Galicia, de todo aquilo que nos define e representa, é algo que forma parte da nosa esencia e marca con moito acento a nosa personalidade. Este recoñecemento ao noso traballo, dedicámosllo a todas aquelas persoas que, coma nós, traballan e esfórzanse cada día máis, por amosar ao mundo a singular beleza e os valiosos tesouros da nosa Terra.

O Camiño de Santiago é o noso evento cultural máis coñecido a nivel nacional e internacional e atrae cada ano a milleiros de persoas en peregrinación a Compostela, todas elas levan un anaquiño de Galicia no corazón, porque unha vez que nos coñeceron xa nunca máis nos poderán esquecer e vaian onde vaian, por moi lonxe que sexa, sempre soñan con voltar.

Maruxas fiordo

E se no teu soño particular déixasche acompañar pola nosa marabillosa Edición Limitada de Maruxas de Nata, Xacobeo 21.22 asegurámosche que nunca, nunca, vas querer espertar...

Edición limitada año xacobeo
Edición limitada en Santiago