Artesanía-alimentaria

As nosas novidades

AS MARUXAS DE NATA DISTINGUIDAS CO DISTINTIVO DE ARTESANÍA ALIMENTARIA DE GALICIA

O Decreto 174/2019 polo que se regula a artesanía alimentaria en Galicia permitiu identificar os produtos agrarios e pesqueiros que se elaboran de maneira tradicional, proporcionando así unha garantía aos/as consumidores/as, contribuíndo ao recoñecemento e proteción dos/as produtores/as que seguen as condicións técnicas específicas que establece a normativa, identificando os seus produtos como “Artesanía Alimentaria de Galicia”, permitindo deste xeito diferencialos doutros produtos con cualificacións ambiguas que en ocasións confunden ao consumidor/a. Hai uns meses que ás nosas Maruxas de Nata distinguíuselles con este cualificativo, recoñecendo con iso o noso traballo a favor da elaboración artesá e o noso esforzo polo cumprimento dos obxectivos fundamentais que se expoñen na normativa e que se traducen fundamentalmente en:

  • Promover e protexer as pequenas producións e as elaboracións tradicionais artesás de alimentos de alta calidade e, deste xeito, contribuír á conservación da cultura alimentaria local e á difusión desta.
  • Favorecer o desenvolvemento económico das zonas rurais de Galicia que contan con explotacións agrarias e producións locais, contribuíndo a un incremento da súa poboación e así previndo o abandono que ocorre, sobre todo, nalgunhas zonas de montaña.
  • Fomentar o labor de artesáns/as e métodos tradicionais de produción desenvolvendo unha gama de produtos de calidade, diferenciados e cun valor engadido.
  • Potenciar circuítos curtos de comercialización que permitan o contacto directo entre produtores e consumidores.
  • Evidenciar o labor das mulleres en todas as dimensións da actividade artesanal alimentaria e promover a súa maior participación.