As nosas novidades

ESTAMOS EN BIOCULTURA CORUÑA 2022

Estivemos na edición bianual (5-7 de marzo)  Biocultura 2022, a maior feira de produtos ecolóxicos de España, que cada ano nas súas diferentes edicións reúne a centos de empresas produtoras en ecolóxico de dentro e fóra de España. Este ano pasámolo en grande, reuníndonos por fin con fieis clientes/ as e estupendos/ as amigos/ as que morriamos de ganas de volver ver. Ademais estivemos do trinque cunha marabillosa caseta deseño exclusivo da nosa  interiorista de cabeceira Belén Sueiro. Contámosvos un pouco máis na entrevista publicada pola entidade organizadora Vida Sana, que podedes descargar na seguinte ligazón https://vidasana.org/noticias/maruxas-de-natasandra-suarez-nuestra-empresa-surge-del-compromiso-con-la-ecologia-y-la-tradicion?utm_campaign=newsletter-22febrero2022&utm_medium=email&utm_source=acumbamail