Artesanía-alimentaria

As nosas novidades

AS MARUXAS DE NATA SÚMANSE ÁS VODAS DE PRATA DO UNIVERSITARIO

O clube universitario Baxi Ferrol celebra o seu 25  aniversario lanzando unha chiscadela á nosa gastronomía, cunha preciosa lata rechea de ricas Maruxas de Nata.

O clube cumpre 25 anos de promoción, apoio e impulso ao deporte, con especial atención á participación feminina e visibilización da diversidade, mesturando cultura, deporte e educación. Honra para Maruxas de Nata ser elixidas polo clube BAXI UNI FERROL para celebrar tan especial aniversario con este precioso envase, deseño do inigualable artista Leandro Lamas coa que esperamos recauden moitos fondos para seguir co seu labor. As latas están dispoñibles en diferentes establecimentos colaboradores da comarca de Ferrolterra, así como nas propias instalacións do clube.