Artesanía-alimentaria

As nosas novidades

NOVA EDICIÓN LIMITADA DE MARUXAS DE NATA EN HOMENAXE AO BARRIO DE CANIDO E AS SÚAS MENINAS

Estamos encantadas de presentarvos a nosa nova Edición Limitada de Maruxas de nata, unha edición que nesta ocasión quixemos dedicar a un barrio moi singular da cidade de Ferrol. Esta vez, contamos coa inestimable colaboración da nosa benquerida Blanca Vila, xenial ilustradora ferrolá, que nos agasallou coa súa particular ollada do barrio. 

Canido, en pleno centro da cidade de Ferrol, ten acadado a creación dun fenómeno social a escala mundial de tal nivel, que incluso ten chegado a impresionar aos maiores referentes do chamado "Street Art". Representa a historia de quen a partir da iniciativa dun conocido artista local, Eduardo Hermida, teñen conseguido poñer no mapa cultural mundial, a un barrio inmerso nun profundo deterioro arquitectónico. 

Un berro de protesta que deu lugar a un movemento cultural e artístico que encheu as súas fachadas de espectaculares pinturas nas que cada artista participante, realiza a súa interpretación mais persoal do famoso cadro de Velázquez "As Meninas"  

Este movemento ten a súa máxima representación, nas sucesivas edicións do festival "Meninas de Canido", que ten lugar cada mes de setembro na cidade de Ferrol e que, dende agora invitámoste a disfrutar, por suposto, na compaña das nosas saborosas Maruxas, galletas de nata tradicionais, ecolóxicas e artesanais, únicas e de inigualable sabor, o que temos acadado coa súa elaboración a partir únicamente de materias primas con selo ecolóxico, sen aditivos nin conservantes e garantidas pola Certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

As Maruxas teñen sido  premiadas, dentro e fora das nosas fronteiras, recoñecéndose dese xeito o seu exclusivo sabor e calidade así como a recuperación da tradición no seu proceso de elaboración.Contan, entre outros, có premio “Alimentos de España 2011”, “Internacional Taste & Quality Institute 2013” e “Premio Excelencia a la Innovación para mujeres rurales”.

Invitámoste a probar as nosas Maruxas de Nata, pero, ollo!!! No poderás parar...