Artesanía-alimentaria

As nosas novidades

MARUXAS DE NATA PATROCINADORA OFICIAL DO ENVENTO ANO SANTO XACOBEO 2021/2022

 Maruxas de Nata, unha empresa de elaboración de galletas artesanais con  presenza en máis de 200 establecementos gourmet de toda España e sede no pequeno concello  de  San  Sadurniño,  é  unha  das  seleccionadas  polo  Xacobeo  2021  como  patrocinadora  deste  evento. Xunto ás grandes firmas galegas, esta sociedade quixo ser partícipe dun acontecemento  ao  que  outorgan  unha  especial  trascendencia  e  “levalo  alá  onde  se  distribúen  as  nosas  Maruxas”. Para iso, nada mellor que dedicar unha edición especial do seu envase ao Pórtico da  Gloria,  contando  para as ilustracións  co  desenfadado estilo  da artista  ferrolá Elga Fernández  Lamas, autora tamén do redeseño da marca hai un ano.   Os seus debuxos reflicten a filosofía da empresa, “que pasa pola promoción dun modo de vida  e de consumo ecolóxico, sostible e respectuoso co medio ambiente e pola reivindicación do rural  e  do  produto  local;  uns  valores  que  en  absoluto  entran  en  contradición”  ‐aclaran‐  “coa  innovación  nin  coa  nova  modernidade”.  Alegría,  cor,  luz  e  enerxía  son  as  características  do  deseño desta lata, que dá continuidade á colaboración con outros ilustradores como Leandro  Lamas ou Blanca Vila, á que se debe a edición dedicada ás Meninas de Canido, un evento que  puxo a este barrio de Ferrol entre as principais rutas de street art europeas.   O envase é importante, pero o fundamental é o produto. As Maruxas son galletas de nata de  produción  ecolóxica  e  fabricación  artesanal,  elaboradas  unha  a  unha,  sen  outro  proceso  mecánico  máis  alá  do  amasado.  Fanse  nunha  pequena  granxa  familiar  de  Santa  Mariña  do  Monte (San Sadurniño) que reforza a súa produción cando chegan datas especiais como o Nadal.  A empresa conta coa certificación ecolóxica do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de  Galicia e cunha longa lista de premios nacionais e internacionais (Alimentos de España, Mujeres  Emprendedoras, International Superior Taste&Quality Award, Zoco de Ouro, etc.). O segredo  está na elaboración, con nata crúa ecolóxica, azucre de caña tamén ecolóxico e procedente do  Brasil e fariña de trigo con xerme, moída en muíños de pedra, tal e como se facía antigamente.  Precisamente  desde  a  empresa  consideran  que  estes  acontecementos  que  estamos  a  sufrir  conciencian cada vez máis á sociedade da necesidade de cambiar hábitos, comportamentos e  consumo. “Hai máis conciencia dos beneficios da alimentación natural e ecolóxica, non só para  a saúde, senón tamén para o medio ambiente, así como da importancia do benestar animal, a  sostibilidade e o comercio xusto”, aseguran. (Nota de Prensa, diciembre 2020)