Valentina soña con ser trapecista e cre que por ter síndrome de Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que se as orugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Con esta marabillosa historia a ferrolá Chelo Loureiro conseguiu alzarse co Goya 2022 á mellor película de animación. E cales son as galletas preferidas de Valentina? Pois nin máis nin menos que as nosas ricas Maruxas de Nata, o que poderás comprobar en varias pasaxes da película, que ademais aconsellámosche non perder. Unha peli para gozar en familia, ides pasalo xenial!!
MARUXAS DE NATA, AS GALLETAS PREFERIDAS DE VALENTINA, FLAMANTE GAÑADORA DUN GOYA 2022
