Artesanía-alimentaria

As nosas novidades

MARULEANDRAS

Como xa saberedes a maioría de vos, despois de levar case un mes á venta a nosa primeira edición limitada de formato Maruxas en lata, temos decidido comezar unha serie anual con presentación das galletas en lata, para que non só luzan por dentro, como xa o fan con esa forma e color tan xeitosos, senon que o fagan tamén por fora, e qué mellor que co deseño dun nos nosos más queridos artistas, Leandro Lamas, co que tivemos a sorte de contar para un comezo de luxo. Á vista da vosa resposta, pensamos que o temos conseguido!! A lata de Leandro foi o agasallo estrela este Nadal e eso, grazas a vos e como non, ao estupendo traballo de Leandro.

Esta é a primeira de moitas máis, que virán despóis, e coas que distinguiremos aos nosos/as mellores creadores/as, para de ese xeito poñer en valor tanto aos/ás artistas, como ao marabilloso mundo que se crea arredor das artes e das letras.

Como esta primeira edición vai durar ata esgotar existencias únicamente, aconsellámosvos que non vos quededes sen a vosa, así que correndo a mercar!!! Están voando!!!

Para animarvos, deixamos unha linda foto... poderedes resistirvos???